Páxinas

luns, 17 de maio de 2021

O Día das nosas Letras

Celebramos  o 17 de maio o Día das Letras Galegas, este ano adicado á poeta Xela Arias.
Queremos animarvos a que procuredes obras desta autora, que tedes á vosa disposición na exposición no exterior da biblioteca, e que leades en galego durante todo o curso as diversas obras de autoras/es galegos e aquelas traducidas ao noso idioma.

Como sempre, desde a RAG, deixaron unha serie de recursos para traballar e descubrir á autora homenaxeada na web Primavera das Letras e no Portal das Palabras.
Animámosvos a utilizar o galego a cotío e a manter viva a nosa lingua.

Ningún comentario:

Publicar un comentario