Páxinas

luns, 24 de maio de 2021

Concurso Semana 15

As desta semana serán as últimas preguntas do concurso "Paseando con Emilia". Durante 15 semanas achegámonos a través das diversas cuestións sobre distintos aspectos da vida de Emilia Pardo Bazán, diversas personaxes, institucións e acontecementos históricos que compartiron época coa escritora galega.
Nesta última semana as preguntas recompilarán e refresarán o aprendido sobre Emilia durante o curso.

Recordamos as preguntas que realizamos a pasada semana, así como as respostas correctas a cada unha delas.

1. A quen lle foi adicada a primeira edición das Letras Galegas en 1963?

Rosalía de Castro.

2. En que ano o Día das Letras Galegas constitúese como festividade oficial?

A festividade foi instituída no ano 1991.

3. En que cidade de Galicia naceu Xela Arias en 1962?

Tal e como se sinala na biografía publicada na RAG nace en Ortoá, Sarria (Lugo)


4. Cal destas obras non foi escrita por Xela Arias?

Contos non é unha obra que escribira a escritora homenaxeada.

5. Xela Arias, ademais da de escritora, que profesión das seguintes compartiu con Emilia Pardo Bazán?

A profesión compartida por ambas escritoras foi a de tradutora.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario