Páxinas

martes, 6 de abril de 2021

Concurso semana 9

Do 8 ao 12 de marzo celebrouse a Semana da prensa, por este motivo as preguntas do concurso estarán vencelladas ao labor xornalístico que desenvolveu Emilia Pardo Bazán, máis concretamente a que realizou nunha das súas viaxes por Europa, en concreto á Exposición Universal de 1889.

Recordamos as preguntas que realizamos antes das vacacións, así como as respostas correctas a cada unha delas.

1. En que data se celebra o Día da poesía?

Como xa mencionamos noutra entrada deste blog a data na que se celebra o Día da Poesía é o 21 de marzo.

2. Emilia Pardo Bazán xa dixemos que non escribiu moitas obras de poesía, como se chama o seu único libro de poemas?

O seu libro de poemas adicado ao seu fillo é Jaime.

3. Se accedemos ao libro de poemas da escritora coruñesa a través da Biblioteca Nacional, cal é o seu primeiro verso do libro?


Como se pode apreciar na imaxe o primeiro verso do libro é "Fruto de mis entrañas el primero".

4. Cal destas palabras podería rimar coa última do poema XVII (43)?

A última palabra que aparece no poema XVII é "derredor", polo que, entre as palabras que aparecían, a correcta sería "color".

5. Na última pregunta tiñades que escribir un poema de polo menos 4 versos que realizastes de xeito correcto.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario