Páxinas

domingo, 21 de marzo de 2021

Pingas de poesía

Vía accionpoetica.com

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía, no que se conmemora "unha das formas máis apreciadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade". Esta celebración promovida pola UNESCO vense realizando desde o ano 1999.

Esta semana queremos que haxa unhas pingas de poesía por todo o colexio, por isto non vos extranedes se na entrada ao centro ou dentro dos edificios de Educación Infantil e Primaria atopádesvos cunhas pingas multicolor que conteñen dentro algunha das poesías que escolleron as voluntarias/os da biblioteca. Para descubrilas teredes que utilizar a aplicación Assembler, no vídeo desta entrada vén explicado como descargala e escanear os códigos.

Continuaremos con esta semana adicada á poesía o martes, xa que visitará o colexio Dores Tembrás. Os nenos/as de 6º de E.P. participarán nuns obradoiros de Poesía+Graffitti. Recuperamos esta actividade, que quedou pendente hai un ano debido ao confinamento pola pandemia e coa que estamos devecendo "adentrarnos no misterio da linguaxe e a emoción".

Se queredes achegarnos algunha proposta en forma de podcast lembrade que tedes a sección ContamosTodos á vosa disposición para enviarnos os vosos poemas recitados.

Feliz Día da poesía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario