Páxinas

luns, 1 de marzo de 2021

Concurso semana 5

Esta semana achegarémonos á obra de Emilia Pardo Bazán e a ambientación que fai nalgunha delas na Coruña, deste xeito achegámonos á cidade tal e como era hai máis de 100 anos.

O concello de A Coruña vén de presentar o programa de homenaxe á escritora coruñesa con 40 eventos previstos para o presente ano, está xa a poñer en marcha algunhas destas actuacións. Unha delas son as mensaxes de Emilia e de figuras que a coñecen en profundidade, como Isabel Burdiel e Marilar Aleixandre, que están pintadas nos pasos peonís dalgunhas das rúas da cidade. Un bo motivo para pasear e coñecer a nosa cidade.

A pasada semana as preguntas estaban adicadas a Rosalía de Castro e ao seu vencello con Emilia Pardo Bazán. As respostas ás cuestións que tiñades que investigar eran:

1. O 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, escritora galega contemporánea de Emilia Pardo Bazán, aínda que uns anos máis vella. Sabes en que ano naceu Rosalía de Castro?

Rosalía de Castro nacíu o 24 de febreiro de 1837 nunha casa de Camiño Novo. Naqueles anos pertencía ao concello de Conxo, hoxe sería parte do concello de Santiago de Compostela.

2. Rosalía escribiu en galego  e castelán tanto prosa como poesía. Cal destas obras non escribiu Rosalía de Castro?

Entre as propostas, Rosalía de Castro escribiu Cantares Gallegos (1863), Follas Novas (1880), En las orillas del Sar (1884), pero Rosalía pequeniña é unha obra adicada á poeta galega, pero creado por Uxía Senlle e con ilustracións de Marina Seoane.

3. Rosalía viviu, como Emilia, en varias cidades, pero os últimos anos da súa vida pasounos na casa da Matanza, que é a súa Casa-Museo desde 1972. En que poboación está?

O concello de Padrón é onde está situadas esta casa.

4. Emilia Pardo Bazán leu un discurso de homenaxe a Rosalía de Castro o ano da súa morte en...

O Círculo de Artesanos da Coruña acolleu o acto no que Emilia Pardo Bazán lembrou a Rosalía de Castro tras a súa morte.

5.Rosalía adicoulle uns versos a Emilia que esta imprimiu en...

Tal e como se comenta neste artigo de La Voz de Galicia Emilia Pardo Bazán imprimiu nun abano e no seu semanario os versos "Mimada po-las Musas [...] ausoluta soberana".

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario