Páxinas

luns, 22 de febreiro de 2021

Concurso semana 4

O mércores 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, outra escritora galega que é universal a través da súa obra. Na entrada da biblioteca temos unha pequena exposición de obras da autora galega que vos recomendamos ler, hai lecturas para todas as idades.

Por este motivo, esta semana as preguntas do concurso terán como protagonista a Rosalía de Castro, que como sabedes era 14 anos maior que Emilia Pardo Bazán. Pese aos distintos ámbitos nos que vivían, compartiron época e mesmo foron veciñas. Hai moita lenda sobre a relación que mantiñan ambas escritoras, como nos explican distintos expertos neste artigo do 8 de xaneiro en La Voz de Galicia, pero o certo é que ambas son referentes culturais da nosa terra.

A pasada semana algunhas das preguntas estiveron adicadas á RAG, ademais  de a Emilia Pardo Bazán. Lembrade que tedes o repositorio elaborado polo Equipo de biblioteca para atopar as solucións ás preguntas planteadas sobre a protagonista do proxecto deste curso. As respostas ás cuestións que tiñades que investigar eran:

1. En que ano se fundou a Real Academia Galega?

 

Esta institución centenaria e que se inugurou no ano 1906 baixo a presidencia de Manuel Murguía, historiador e esposo de Rosalía de Castro. Aínda que xa fora constituída o 5 de setembro de 1905.

 

2. Onde está a sede da RAG?

A sede da RAG sempre estivo en A Coruña, aínda que en distintas localizacións. Actualmente está na casa que fora de Emilia Pardo Bazán na rúa Tabernas e na que tamén se atopa a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

3. Cantas mulleres forman parte do pleno da RAG?

Na actualidade 6 mulleres forman parte do plenario desta institución, dun total de 30 membros.

4. Que institución denegou o ingreso de Emilia Pardo Bazán no ano 1912?

A Real Academia Española rexeitou o ingreso da escritora coruñesa, xa que tiña vedado o ingreso de mulleres na institución desde a súa fundación en 1713 (só houbo a excepción de Isidra Guzmán, imposta por Carlos III, en 1784). O ingreso da primeira muller non foi ata 1979, coa toma de posesión do seu sillón de Carmen Conde.

5. Emilia foi profesora dun curso de "La Literatura contemporánea" . Que entidade lle concedeu a cátedra para impartir este curso?

Foi a primeira muller catedrática, de Literatura contemporénea de Linguas Neolatinas na Universidade Central de Madrid, e a primeira muller profesora no Ateneo de Madrid.

Estas son as preguntas desta semana:


Ningún comentario:

Publicar un comentario