Páxinas

luns, 8 de febreiro de 2021

Concurso semana 3

Continúa a aprendizaxe e a investigación sobre distintos aspectos da vida de Emilia Pardo Bazán e de acontecementos relacionados con ela ou coa época na que viviu.

As fontes que utilizamos para as nosas procuras son importantes, tede en conta que se realizamos unha búsqueda en internet podemos atoparnos con moitas páxinas nas que a información non está validada, realizada por persoas que non son expertas no tema, podemos descoñecer quen é o autor/a. Incluso hai páxinas que o que pretenden é confundir ás persoas que a visitan, tratando de difundir noticias falsas ou información inexacta, na ligazón tedes unha infografía creada pola IFLA para a detección destas. Deixamos está infografía que elaboramos o curso pasado con aspectos para que teñades en conta ao analizar a veracidade dunha páxina web.

 Aos recursos relacionados con Emilia Pardo Bazán engadimos esta semana dúas páxinas nas que procurar a información relativa á I Guerra Mundial, como era a da "Enciclopedia do Holocausto" e "Historia e Biografías". As respostas ás cuestións que tiñades que investigar eran:

1. En que ano comezou a I Guerra Mundial?

A tamén chamada Gran Guerra comezou no ano 1914 e rematou no 1918. Foi unha das guerras máis destrutivas da historia, estímase que morreron millóns de persoas.

2. O asasinato do arquiduque Francisco Fernado en Saraxevo foi un dos motivos do inicio da I Guerra Mundial. Sabes en qué continente está esta cidade?

Saraxevo é unha cidade europea que actualmente é a capital Bosnia e Herzegovina.

3. Cantos países estiveron implicados na I Guerra Mundial?

A pesares de que comezou sendo un conflito europeo, a guerra estendeuse por todo o mundo, participando nela 32 nacións.

4. Durante o período da guerra inaugúrase o monumento a Emilia Pardo Bazán na Coruña, onde está?

En 1916 inaugúrase a estatua que homenaxea a Emilia Pardo Bazán nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña.

5. Emilia viaxou por Europa en varias ocasións. Ten varios libros de viaxes, cal destes libros escribiu?

Dos libros de viaxes que propoñiamos como opcións, o que escribiu Emilia Pardo Bazán foi "Por Francia y por Alemania".

Imos agora a polas preguntas desta semana, que terán unha parte adicada á RAG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario