Páxinas

domingo, 24 de xaneiro de 2021

Concurso "Paseando con Emilia"

Esta semana comeza o concurso de procura de información encadrado no PDI "Paseando con Emilia". Cada semana proporanse varias preguntas relacionadas con Emilia Pardo Bazán e tamén coa época na que viviu. As repostas poderedes atopalas na selección de recursos dixitais elaborada polo equipo de biblioteca ou noutros recursos que tedes na rede, lembrade seguir as estratexias desta infografía para obter información fiable, tamén podedes atopar as respostas nos libros que temos na biblioteca ou noutras obras que consideredes útiles.As clases que participen recibirán como recompensa algúns dos recursos que temos dispoñibles na biblioLab. Aquelas que respondan correctamente de xeito máis rápido serán as primeiras en escoller os recursos, que permanecerán toda a semana (luns a venres) na aula. As respostas enviaranse a través deste formulario, que estará aberto cada semana ata o xoves ás 14h. No formulario escolleranse 3 lotes por orde de preferencia. O venres publicaranse os lotes adxudicados a cada aula. Se algunha clase quedase sen o lote preferido e houbese lotes sen dar, desde o equipo de biblioteca ofreceremos os lotes libres segundo a orde inicial de respostas.

Os recursos dispoñibles son:

- Lote de 3 Ipads
- Lote de Mesa de luz con recursos para utilizar con ela.
- Lote de Pezas Kapla.
- 4 lotes de  caixas de Lego.
- Lote 1 xogos de mesa: Xadrez, Dobble, Story cubes classic, Triminós.
- Lote 2 xogos de mesa: Tripolo, Alto voltaje, Palabrea, Clonación.
- Lote 3 xogos de mesa: Cross dices, Little action, ABC dring, Crazy food, ¡Wauu!
- Lote 4 xogos de mesa: Halli Galli Party, Story cubes classic, Bla Bla Bla, Ti non es de aquí?
- Lote 5 xogos de mesa: Historia mundial, Story cubes actions, Ikonikus, Speed cups.


A titora recollerá o material o luns e o levará a súa clase. O venres devolveranse desinfectados os materiais, que permanecerán en repouso todo o fin de semana ata a seguinte entrega, co obxectivo de manter as normas establecidas no protocolo COVID.

Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario