Páxinas

domingo, 20 de decembro de 2020

Visita á Casa Museo Emilia Pardo Bazán

O Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia" tiña que ter unha parada obrigatoria na casa da autora coruñesa, pero debido á pandemia coa que estamos a convivir non é posible que todos os nenos/as do noso centro acudisen durante este curso, pero non nos resignamos a que o alumnado do colexio se perdese a visita a Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

Xulia Santiso e Patricia Angulo, directora e educadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, prepararon unha visita moi especial para vós na que vos amosarán o fogar de Emilia e na que vos darán detalles sobre a súa vida e sobre algúns aspectos destacados do s.XIX. Agradecémoslles toda a súa axuda e colaboración no desenvolvemento deste proxecto. O luns ás 10h. todas as aulas do colexio visitarán de xeito virtual a casa na que naceu a protagonista do proxecto de investigación deste curso.

Deixamos dúas versións para que escollades a máis axeitada á vosa idade. Lembrámosvos que a Casa Museo segue aberta, nestas vacacións pode ser un bo momento para coñecela. O horario pola mañá, de luns a venres, é de 9:00 - 14:45h. e pola tarde, de luns a xoves, de 16:00 - 20:00h. Se queredes visitala coas vosas familias podedes concertar as citas ben por teléfono (981 20 73 08) ou ben por correo electrónico (casamuseoepb@academia.gal).

Visita guiada por Patricia Angulo

Visita guiada por Xulia Santiso
 
 

Que gocedes da visita!




Ningún comentario:

Publicar un comentario