Onte pola tarde compartimos uns minutos dialogando con Diego Arboleda sobre a súa obra "Prohibido leer a Lewis Carroll". Aínda que tamén abordamos temas como o proceso creativo das súas obras, a relación que establece cos ilustradores/as, compartiu algunhas curiosidades sobre as personaxes do libro, vimos algunhas das edicións noutros idiomas, como a que se publicou en idioma chinés.
Debido á celebración do Bookworms Club, co obxectivo de manter as normas de seguridade, realizamos o encontro na aula das nenas/os do grupo, xa que a biblioteca e biblioLab estaban reservadas aos asistentes ao club en inglés.
Desvelounos algún segredo na elaboración das persoas que aparecen nos seus libros e que prometemos non revelar. Durante algúns momentos convertémonos en personaxes das súas obras.
Moitas grazas por acudir virtualmente ao noso centro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario