Páxinas

mércores, 11 de novembro de 2020

Volve Onda Ti!

A próxima semana emitirase o primeiro programa da segunda temporada de Onda Ti, o programa que naceu durante a pandemia, e que volve para quedar con todos vós. Novos locutores/as, novas seccións, novas sintonías...

Nesta temporada a emisión será a través da canle en Ivoox de Emilia na onda, na que xa está a temporada un do programa.

Estas semanas estivemos preparando o programa co alumnado, aínda que a formación retomarase no segundo trimestre, quixemos dar continuidade ao proxecto coa preparación dos programas de Onda Ti. Haberá seccións que se manteñan, como "Temos unha mensaxe de...", a sección de Vós contades! na que escoitaremos contos de medo en distintos idiomas e os microrrelatos seleccionados para o Día das escritoras. Haberá unha peza adicada a Emilia Pardo Bazán e outra a pandemias pasadas. Continuaremos escoitando "Na onda dos libros", espazo realizado polas bibliotecarias da B.M. de Los Rosales.

Tamén teremos a entrevista de cada programa. No primeiro episodio visitaranos Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, que xa pechou a primeira temporada respondendo as preguntas que enviaran os nenos/as do colexio e que acude hoxe ao noso estudio para ser cuestionada polas nenas/os de 6º de E.P.

 Volvemos a estar Onda ti!

Ningún comentario:

Publicar un comentario