Páxinas

luns, 2 de novembro de 2020

Creacións do Día da Biblioteca

Martina S. (Alumna 5ºE.P.)
Para conmemorar o Día da Biblioteca propuxemos unha actividade titulada "Libros con historia" e que é recoñecida como Erasure Poetry. Os nenos/as podían crear poesía, mais tamén microrrelatos. Estes foron os traballos que nos foron chegando, ao longo da semana, iremos actualizando a presentación agregando as novas obras que veñan.

Estes traballos trataremos de expoñelos nos corredores do colexio, lembrade que é importante non tocalos para evitar a transmisión do virus, sempre que consigamos garantir o cumprimento do protocolo do centro e as normas de seguridade establecidas para a Covid-19.

Parabéns por tanta creatividade!

Grazas polos vosos fermosos traballos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario