Páxinas

luns, 30 de novembro de 2020

Concurso deseño de logotipo

A pasada semana publicáronse as bases do concurso na web do centro para a  elaboración dun logotipo para o colexio, como unha das primeiras actividades que queremos desenvolver enmarcada no PDI Paseando con Emilia, a través do cal queremos resaltar o valor da escritora galega.

Como ben sabedes, o noso centro non ten imaxe ou logotipo que o identifique, por este motivo promóvese un concurso de ideas entre o alumnado para seleccionar un logotipo que sirva para identificarnos.

Transcribimos as bases para que coñezades as normas de participación.

A imaxe deberá ter estas características:
Terá algunha referencia a Emilia Pardo Bazán.
Incluirá o texto CEIP Emilia Pardo Bazán (se se fai a man a fonte escolleraa o equipo de valoración)
Colores principais (a combinar co branco ou o negro): Laranxa (Se o facedes dixital: Código RGB: E26931 - Flame) e Azul (Se o facedes dixital: Código RGB: 2176AE - Star comand blue)

Haberá un Equipo de valoración que determine a imaxe seleccionada, estará formado por membros do consello escolar:
Equipo directivo
Representantes do profesorado
ANPA Milnenos
Representantes de nais/pais (que non teñan fillos/as concursando)

Consellos:
Pensade na escritora e na relación do colexio co barrio.
Podedes crealos de xeito dixital, para o que podedes utilizar estas páxinas:

https://logotypemaker.com/

https://www.onlinelogomaker.com/logomaker/?lang=es

O prazo de recepción das obras será o venres 11 de decembro. A obra seleccionada anunciarase o 22 de decembro. Se o facedes en papel teredes que entregalo ao voso titor/a, no caso de facelo de xeito dixital podedes envialo a bibliotecaepb@gmail.com


Animámosvos a participar, agardamos as vosas creacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario