Páxinas

xoves, 16 de abril de 2020

Semana do libro

O próximo 23 de abril celébrase o Día Internacional do libro e do Dereito de autor. Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia deixannos como agasallo un díptico e un texto de Manuel Gago para celebrar este día.
A próxima semana queremos que sexa a Semana do libro no CEIP Emilia Pardo Bazán na que desenvolveremos distintas actividades, ás familias propoñémosvos participar nestas:

1. Pasaxes favoritas:
Enviar un audio ou vídeo no que os nenos/as, e tamén outros membros da familia, presenten o libro (título, autor/a, ilustrador/a e editorial), lean un pequeno fragmento e dean un motivo da súa elección. Estes arquivos enviaranse ao correo do Equipo de Biblioteca bibliotecaepb@gmail.com e publicaranse nunha entrada neste blog da biblioteca.

2. Lectura compartida: 
Neste caso propoñemos realizar unha lectura encadeada de O principiño/El principito, de xeito que iriamos completando, en función daquelas persoas interesadas en participar, algúns capítulos. Aos que non teñan un exemplar facilitariamoslles o fragmento que terían que ler. Neste caso ás persoas interesadas en participar pedímoslles que nos envíen un correo a bibliotecaepb@gmail.com indicándonos os nenos/as que participarían, xunto coas súas idades, e outros membros da familia, ademais de se tedes un exemplar da obra.

Agardamos as vosas achegas!

2 comentarios:

  1. Quero dar as grazas a Diego e ao equipo da biblioteca do noso cole porque facedes que o noso encerro na casa ,neste tempo de confinamento se nos faga moito máis doado, agradable, enriquecedor, ilusionante, motivador e máxico. "Só vese ben co corazón, o esencial é invisible aos ollos" O principiño Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polos teus comentarios Isi!

    ResponderEliminar