Páxinas

sábado, 7 de marzo de 2020

Biblioteca con vida

Hoxe a biblioteca acolleu nos seus espazos diversas actividades nas que se experimentou, explorou, gozou coa lectura, a música e a dramatización e se compartiu coñecemento, foi unha mañá intensa, pero cremos que moi satisfactoria.


Na BiblioLab María, nai de Daniel de 6ºC, organizou unha pequena feira científica na que os propios/as nenos/as de 6ºC foron quenes mostraron aos seus compañeiros/as dos outros 6º e 5ºC as diversas experiencias que tiñan preparadas, desde a escritura invisible, a presenza do ferro nos cereais, os fluídos non newtonianos, o ph, entre outras. Este proceso comezou hai dúas semanas, cando María explicou e preparou aos nenos/as da clase cada unha delas, en que consistían e como transmitilas aos outros compañeiros/as. Este martes refrescou o proceso co alumnado de 6ºC para que todo saíse como estaba previsto, cremos que este obxectivo acadouse. O alumnado que pasou polas distintas actividades aprendeu ciencia cos seus compañeiros/as.
 
Ao mesmo tempo na biblioteca a nai de Teo, alumno de 2ºB, e que é veterinaria de profesión, fixo unha presentación moi amena e didáctica sobre os vertebrados ao alumnado desta aula, na que tamén explicou a comunicación que se pode establecer entre os cans e os humanos, como os animais poden manifestarnos os seus sentimentos e como establecer relacións positivas con estes animais.

Na hora de ler as nenas de 5ºA repetiron a representación de "La preocupación de Lucía", neste caso para os grupos de 2º de E.P.

Ao mesmo tempo, na BiblioLab comezaba outra actividade dirixida pola nai de Joel, alumno de 3ºC, que trataba sobre as plantas e as flores. As nenas/os puideron manipular e observar detidamente todas as mostras que trouxo, acompañadas polas explicacións e curiosidades de cada unha delas. Puideron observar coa lupa o cáliz piloso da flor do toxo e os seus estames cos sacos de pole. Como sorpresa tamén trouxo unha especie de planta que lles encantou... unha planta carnívora!

Gústanos contar con todas/os vós na biblioteca, grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario