Páxinas

domingo, 9 de febreiro de 2020

O movemento dos fíos

"De repente, la niña notó que su hilo la llevaba a ver a personas que se movían de diferentes formas...¿Qué divertido era!
Angélica Sátiro. La niña del hilo. Editorial Octaedro.
Miraron o movemento que xeran outros fíos: “É un mozo de madeira, un monicreque, cun fusil de asalto na man. Ten fíos porque só non se pode mover, precisa de alguén que o mova, móvese coa man dunha persoa. Incluso sen fíos, coma un robot, os humanos terían que programalo para moverse como lle mandaran. Quérenos dicir que a guerra é mala”.
Entón ... que provoca esta imaxe? “Medo, se é un conto de medo”, pero tamén “diversión: divírteste vendo un espectáculo divertido (lembraron o poema “Guerra de azucre” que traballaron cos seus titores/as) se a arma fose de chocolate. Pode ser un guerreiro, un cazador, un policía ... non verían a guerra do mesmo xeito”. Quizais, por iso, FW de Klerk (premio Nobel da Paz en 1993) dicía que “os beneficios da guerra son indiscutibles”.
Se un beneficio é “algo que te axuda, unha cousa que mellora a túa vida”, parece que quere dicir “como se houbera un pouco de bo na guerra: Os que estudaron para ser soldados quedarían sen traballo, estudarían para nada e os que estiveran a facer armas traballarían un montón, terían moito diñeiro”.


Ademais “hai guerras doutro tipo, sen pistolas, fanse porque cada bando ten unha idea diferente e estas guerras axudan a que cada quen diga a súa opinión; como Gandhi, que loitou con palabras”. Argumentan que non é doado utilizar as palabras e que é preciso aprender a facelo. Pero ... quen decide o que debemos aprender? Os propios nenos e nenas elixen “o seu traballo en función do que lles gusta e da nota da aceso á universidade”, tamén “as actividades extraescolares coas que se van divertir máis” e as familias “cando deciden deixarnos, ou non, ir a esas actividades. Depende do que lles guste aos nenos e de que sexa bo para eles”; o profesorado decide “as materias, as fichas que facemos, as excursións ... queren que aprendamos. Cando o facemos, as cousas malas convértense en boas se non repites os teus erros”.

E ven esta mellora no noso mundo: “Agora non hai tantas guerras como antes, agora saben que é mala porque o cerebro vai evolucionando. Ante había xente, ditadores, que decidían se había guerra e mandaban facela para gañar”.
Como aseguraban que en todas as guerras as perdas son maiores que os beneficios, pedinlles que pensaran nunha pregunta que axudara a chegar a esta conclusión: “Por que é necesaria? Para que vas á guerra se non vas conseguir nada? Que gañas facéndoa? Se queres a guerra, por que non a fas de cousas que non sexan malas, como de chuches? Que queres se solo imos conseguir mortes? Queres que che pase o malo doutra persoa?"
 

Se a nosa cidade estivera en guerra, quererían a paz pola preocupación de saír á rúa sen saber se te caería unha bomba enriba, porque terían medo de morrer e de que morreran as súas familias, de non poder manter a amizade con persoas doutro bando, polo grao de destrución das cidades e a natureza ... ademais de que se gasta moito diñeiro. Para que esas preocupacións non lles quiten o soño, fixeron os seus propios “bonecos Sacapenas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario