 Hoxe acudiu ao centro Luis Losada de Rede Espora para formar na gravación de programas de radio aos nenos/as dun grupo de 6º de E.P. Nesta xornada o alumnado tivo tempo para investigar, organizar a información, desenvolver os coñecementos técnicos para a gravación e transmitir o seu traballo.
Hoxe acudiu ao centro Luis Losada de Rede Espora para formar na gravación de programas de radio aos nenos/as dun grupo de 6º de E.P. Nesta xornada o alumnado tivo tempo para investigar, organizar a información, desenvolver os coñecementos técnicos para a gravación e transmitir o seu traballo. A xornada comezou cunha introdución teórica na que Luis explicou en que consiste o traballo nunha radio na escola e as súas posibilidades.
A xornada comezou cunha introdución teórica na que Luis explicou en que consiste o traballo nunha radio na escola e as súas posibilidades.A continuación organizáronse pequenos grupos nos que tiveron que investigar sobre unha autora galega, estruturando a información recollida de xeito que poidese ser transmitida nun programa de radio, para esta fase utilizaron libros da biblioteca e recursos de internet.
Posteriormente pasaron ao estudo de Emilia na onda, no que aprenderon a manexar a mesa, as aplicacións necesarias no ordenador e a coordinar o seu traballo co dos locutores/as. Pola súa parte estes tiveron que practicar a expresión oral dos contidos, o tono de voz, distancia aos micrófonos, coordinación cos compañeiros/as...
 No próximo mes publicaremos os podcast que prepararon nesta xornada. Emilia na onda está en marcha!
No próximo mes publicaremos os podcast que prepararon nesta xornada. Emilia na onda está en marcha! 
Ningún comentario:
Publicar un comentario