Páxinas

luns, 2 de decembro de 2019

Experimento pegañento

O pasado venres celebramos o último VenreXperimento do mes de novembro e que pon broche final a Novembro mes da ciencia en galego. Nesta ocasión quixemos experimentar coas reaccións químicas e coa obtención de distintas cores.

Os nenos/as agrupáronse por parellas ou tríos, cada grupo tiña as instrucións para elaborar o slime. Utilizamos unha receita que non contiña nin ácido bórico nin pegamento. Os materiais que utlizamos foron:
- Vaso
- 100 ml. de auga quente
- Unha cullerada de goma guar
- Un depresor
- Media cullerada de bicarbonato sódico
- Un chorro de solución única
- Colorante alimentario (cores primarias)
Xunto coas instrucións había unha folla informativa sobre as cores na que se explicaba a diferencia entre cores primarias e cores secundarias e como obter estas. Cada grupo podía escoller a cor que tería o seu slime. Agradecemos aos voluntarios/as a súa axuda na organización e desenvolvemento de cada experimento.
Lembramos que este non foi último VenreXperimento, a partires de agora o último venres de cada mes agardámosvos na biblioLab para aprender e divertirnos coa ciencia.
Nestas imaxes están algúns dos momentos do proceso.


Agardámosvos no próximo VenreXperimento! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario