A segunda sesión de diálogos Hilomundos (mércores 4 de decembro), comezou coa reflexión coa que Antía pechaba a anterior ... “Nació una niña con un hilo en las manos...” (Sátiro, A. (2018). La niña del hilo. Barcelona: Editorial Octaedro) ... “é un rollo, eu cortaríano”. Pero os seus compañeiros e compañeiras, viron unha similitude entre ese fío e a vida da nena: “sería longa” como a lonxitude da corda, “chea de xogos” porque é o que a nena fai, “con incomodidades por non poder facer sempre o que quere” representadas polos nós e “en movemento”.
A lectura do conto aclaroulles que fora un regalo da súa avoa, ... “Con estos hilos podrás soñar nuevos mundos posibles y tejer caminos para construirlos” (Sátiro, A. (2018). La niña del hilo. Barcelona: Editorial Octaedro) ... entenderon que o fixera para que “nunca deixe de soñar e poida pensar cousas mellores”.
Por iso púxenos en situación de observar outros fíos:
A lenda oriental do fío vermello levoulles a reflexionar sobre un futuro en construción, coa posibilidade de “cambiar coas nosas accións e coas dos demais”. Falaban da posibilidade de consultar a algún oráculo para “poder coñecer o que nos vai a acontecer sempre que teñamos a posibilidade de cambiar para mellorar”.
A rede que crearon en outubro mostra “a unión das opinións de persoas distintas, cada tramo é distinto e mostra esa diferenza”; é, polo tanto, “orixinal”. Os fíos soltos, representan o desexo de Antía de cortalos.
Gustaríalles estar constantemente amarrados/as “con outra persoa que fose boa e amable”; é dicir: “non violenta, lista, deportista, que non considere ás mulleres inferiores, graciosa .... Non necesariamente ten que ser coma nós, pode que lle gusten cousas distintas, ademais as cousas novas son interesantes porque non quedamos soamente co que sabemos ... e, as veces, non nos decatamos de que facemos o mesmo pero de distinto xeito”.
Entón ... como sodes realmente vós? Por sorte, a súa autoestima é alta, pero supón “una dificultade elixir entre as moitas cousas que nos gustan”; a pregunta de Xacobo axudounos: “Que opinión tes de ti mesmo?” Saben que pode non coincidir coa que teñen os demais deles/as e que “é moito mais doado ver o malo dos demais (chibarse) que o noso (sería delatarnos)”. Xustifícanse explicando que “as veces cometemos erros porque non nos centramos”, pero tamén ven o lado positivo porque “nos ofrecen a oportunidade de aprender. É mais difícil aprender cando non os cometes na infancia porque de adulto non saberás atopar solucións; os adultos coñecen as consecuencias se o viviron, e teñen unha nova oportunidade” para tomar decisións.
E, contando co visto bo dos compañeiros/as, deixaron o mellor de si mesmos/as escrito nos tramos non entrelazados da súa rede ... “Teño unha risa contaxiosa. Son gracioso. Solidaria e divertida. Son simpática. Axudo aos demais. Vou con quen este so. Dou boas ideas. Presto as miñas cousas, son xenerosa. Axudo no horto. Amable” ... pensando en alguén que desexe conectarse co seu propio fío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario