Páxinas

luns, 4 de novembro de 2019

Libros que viaxan

O pasado mércores saíron na súa primeira viaxe as mochilas de fin de semana de Educación Infantil. A selección de libros que se realizou para cada un dos grupos, que irán viaxando ás casas dos nenos/as, combina a narrativa, con libros para ler e libros para ver, libros con música, libros para entender o mundo que nos rodea e libros con sorpresa, tamén quixemos que houbese libros nos idiomas galego, castelán e inglés.

Con esta actividade queremos que a lectura se comparta en familia e poidades gozar dun libro xuntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario