A próxima semana comezaremos o concurso "Libros que alimentan" no que cada semana propoñeremos unha pregunta relacionada coa alimentación, a resposta terase que buscar nos libros relacionados co P.D.I. “Sabor e saber”, que están situados na exposición permanente na entrada e no interior da biblioteca. As respostas estarán nalgún dos libros desta exposición. Ademais da pregunta haberá algunha pista como poderá ser o título do libro, o teixo ou unha imaxe da cuberta.
Poderase participar de xeito individual, parellas, grupos de cinco ou aula. Os puntos compartiranse nos grupos, parellas e aula, sendo os mesmos que de xeito individual.
Se a resposta fose correcta sumarase un punto, se ademais se cita o libro correctamente (Autor/a / Título/ Editorial) sumarase un segundo punto.
Os puntos que se vaian acumlando poderanse intercambiar por algunha das recompensas que a continuación vos presentamos.Poderase participar de xeito individual, parellas, grupos de cinco ou aula. Os puntos compartiranse nos grupos, parellas e aula, sendo os mesmos que de xeito individual.
Se a resposta fose correcta sumarase un punto, se ademais se cita o libro correctamente (Autor/a / Título/ Editorial) sumarase un segundo punto.
6 puntos: 5’ máis nos ordenadores.
9 puntos: xogos de mesa na clase durante 1 semana.
12 puntos: 10’ máis nos ordenadores.
21 puntos: Recurso da biblioteca ou biblioLab 1 semana na clase.
27 puntos: Xogo de mesa en préstamo unha semana na casa.
Nestas recompensas poderemos introducir algunha outra en función das vosas suxestións, no caso de organizar novas actividades ou de novos recursos na biblioteca.
Se non se participa durante dúas semanas seguidas restaranse 2 puntos.
As preguntas publicaranse neste blog, ademais de no taboleiro da biblioteca e na biblioLab, todos os luns.
As respostas introduciranse ao longo da semana na caixa de suxestións da biblioteca no formulario que estará á vosa disposición xunto a dita caixa.
No caso de participar en grupo escribiranse os nomes e apelidos de todos os membros, se se participa como clase escribirase só o curso e grupo (p.e. 6ºA).

Cada neno/a ou grupo terá un pasaporte no que irá acumulando os seus puntos, cando queira cambialos por unha recompensa aos puntos do pasaporte restaránselles os gastados.
Na biblioteca haberá un listado cos nenos/as que tiveron respostas correctas e que poderán selar o seu pasaporte cos puntos correspondentes a partires do luns da seguinte semana.
Na biblioteca haberá un listado cos nenos/as que tiveron respostas correctas e que poderán selar o seu pasaporte cos puntos correspondentes a partires do luns da seguinte semana.
Os que queirades participar non tardedes e pasade a recoller o voso pasaporte para estar preparados...a próxima semana comezamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario