Páxinas

xoves, 21 de novembro de 2019

A nosa radio: concurso de ideas

Durante o presente curso escolar (2019-2020) vaise pór en marcha a emisora de radio do noso Centro. O proxecto navega xa a toda velocidade. Están de camiño os equipamentos necesarios e pronto comezarán as obras para construír un estudio de gravación ben completo.
Sen embargo, fáltanos algo fundamental: a nosa radio aínda non ten nome, nin tampouco ten unha imaxe (un logo) que a fagan recoñecible. E para conseguilos é preciso a colaboración de todos.
Queres colaborar? Pois isto é o que tes que facer:

1.- Pensa nun nome para a nosa radio. Intenta que non sexa moi longo e que teña relación co noso cole.
 
2.- Pensa, tamén, nun debuxo (ese será o logo) que ilustre o nome que inventaches. Podes empregar un máximo de tres cores diferentes.
 
3.- Escribe ambas as creacións (nome e logo) nun papel de tamaño A4 e entrégallo ao teu titor ou titora. 
O prazo de entrega dos traballos remata o 5 de decembro.

O xurado do concurso estará integrado por profesores e alumnos do centro. O fallo farase público 17 de decembro.
O traballo gañador será premiado cun libro ou un álbum ilustrado.

Contémplase a posibilidade de que haxa dous traballos gañadores: un como mellor nome e outro como mellor logo.
As licenzas das imaxes e nomes propostos serán CC BY-NC-SA
Anímate e participa na posta en marcha do proxecto Radio na biblio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario