Páxinas

xoves, 24 de outubro de 2019

O día da biblioteca

A Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en 1997 quixo lembrar o incendio da Biblioteca de Saraxevo en 1992 para homenaxear e resaltar o valor da bibliotecas, por este motivo o 24 de outubro celébrase o Día da biblioteca. Este ano o Ministerio de Cultura e Deporte súmase á celebración deste día coa iniciativa "Aptas para todos os públicos. Coa igualdade de xénero".
No pregón deste ano titulado "A sen conto", elaborado por Gemma Pasqual e traducido por Héctor Cajaraville, unha nena fai un recorrido ata chegar ao refuxio máis fermoso.
A biblioteca EPB e todo o CEIP Emilia Pardo Bazán organizou unha xornada de apadriñamento lector no que os nenos de maior idade de primaria léronlle un conto, recitaron unhas poesías, aprenderon sobre algún tema e descubriron as sorpresas que se agachan nos libros aos nenos de Educación Infantil e a 1º de E.P., os nenos/as de 2º de Primaria leron obras entre os tres grupos. Como di o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia un bo exemplo de "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía."

Esta xornada comezou a prepararse hai máis dunha semana coas visitas dos nenos/as maiores (madriñas e padriños) ao alumnado de Educación Infantil na que falaron, coñeceronse mutuamente e na que se interesaron polos gustos literarios e afeccións dos nenos/as.
Despois desta cita visitaron a biblioteca e a biblioLab para atopar os libros que mellor se adaptaban ás características do seu amadriñado, tendo en conta toda a información que recibiran no primeiro encontro. Nas súas casas e na aula prepararon a lectura destes libros para que todo saise ben o día da actividade de apadriñamento.
O 24 de outubro os grupos volveron a xuntarse, esta vez coa compaña dun libro que os unía, algúns levaron máis agasallos como debuxos ou marcapáxinas. A lectura ocupou os espazos comúns dos dous edificios do centro durante 30' despois do recreo, así, nos corredores e nas salas de usos múltiples, xuntáronse máis de 640 nenos/as lendo e escoitándose.
 

Agardamos ansiosos a nova xuntanza do próximo trimestre, estamos impacientes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario