Páxinas

luns, 25 de marzo de 2019

Semana da muller

Na semana do 11 ao 15 de marzo quixemos facer visible o labor das mulleres e concienciar na importancia da igualdade na vida en sociedade, así como resaltar aqueles estereotipos que moitas veces pasan desapercibidos.

Tivemos a exposición dos fondos na entrada da biblioteca, ademais mostramos os libros os libros que contiña a "Maleta viaxeira de igualdade" do CFR de A Coruña debaixo do mural preparado polo equipo de EACE. A través desta actividade quixemos facilitar á comunidade educativa aqueles recursos que se podían utilizar tanto nas aulas, como nas casas para poñer de relevo o labor das mulleres na sociedade.
Quixemos contar coas familias, a través de "Vós contades", e que as mulleres nos contasen as súas experiencias. Deste xeito:
O mércores 13 de marzo visitounos Patricia (nai de alumnas/os do centro) para compartir co alumnado de 5º de E.P. o seu percorrido profesional relacionado coas ciencias.
O xoves 14 de marzo acudiu á biblioteca María (nai de alumnas do centro) na que realizou unha actividade na que facilitou a comprensión e a asignación de roles segundo o xénero. A través das imaxes de dous bebés, os nenos/as de 6º de E.P. explicaron a profesión á que se dedicarían, as súas expectativas, a roupa preferida ou os gustos que terían de maiores estes dous bebés.
Agradecemos a colaboración de todos os membros da comunidade educativa que participaron da celebración desta semana adicada á muller.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario