Páxinas
sábado, 30 de outubro de 2021
BOORWORMS CLUB: "Halloween horror"
mércores, 27 de outubro de 2021
Recompilación de actividades Día da Biblioteca (en actualización)
Nesta entrada iremos recompilando as achegas que nos vaian chegando das propostas que realizamos desde o equipo de biblioteca para celebrar esta semana polo Día das bibliotecas (24 de outubro). Por que a biblioteca ten a palabra!
venres, 22 de outubro de 2021
Logotipo Mergúllate!
Hai unhas semanas o obxecto que apareceu nas clases animaba a facer un deseño que identificase o desenvolvemento do Proxecto Documental Integrado Mergúllate! Todos os traballos que nos chegaron estiveron expostos esta semana no corredor de entrada. O seleccionado para aparecer na información relacionada co proxecto foi o que elaborou Simón, alumno de 4º EP, no que transmite a través dunha onda cun peixe, unha gaivota e unhas algas a imaxe do PDI.
luns, 18 de outubro de 2021
A biblioteca do Nautilus
“O espectáculo daquelas augas ricas en especies a través dos paneis do salón, a lectura dos libros da biblioteca e a redacción dos meus apuntamentos empregaban todo o meu tempo e non me deixaban nin un minuto para o aburrimento ou o cansazo.” Xulio Verne (20.000 leguas de viaxe submarina)
Estas palabras de Xulio Verne na obra 20.000 leguas de viaxe submarina son parte das alusións que fai o autor na obra e na que describe como é a biblioteca do famoso submarino Nautilus, un tipo de biblioteca que foi evolucionando co tempo, pero que se mantén viva, por isto o día 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas, que como xa sabedes doutros anos promove desde 1997 a Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e na que están implicadas todas as bibliotecas do estado. O lema desta edición é “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” incide en “destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, doutras persoas, outras culturas e outros mundos”.
venres, 15 de outubro de 2021
BOOKLAND: Our logo
We already have a logo!!! After a long deliberation, because all the designs were absolutely amazing, the jury decided that the winner would be Vega García Fraga, from 5C. You can see all the amazing creations in the following booklet. Congratulations to the winner and very many thanks to all the participants!!!
xoves, 14 de outubro de 2021
O día das escritoras
O vindeiro 18 de outubro celebrarase a sexta edición do Día das escritoras. Esta conmemoración xurde da Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas co "obxectivo de reivindicar o labor e legado das escritoras ao longo da historia".
O centro leva o nome dunha insigne escritora, como vós ben sabedes, que foi Emilia Pardo Bazán, por este motivo queremos sumarnos á celebración promovendo estes concurso de microrrelatos para toda a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán. Escollemos unha frase de Emilia que certa relación co mar, extraída da obra Apuntes autobiográficos (1887): “para non flotar sen rumbo como un tapón de cortiza no mar”. Esta frase deberá estar contida no microrrelato independentemente da súa posición, agás no título.
Deixámosvos as bases deste concurso, animádevos a participar!
Bolboretas lectoras
Hoxe desenvolveuse na biblioteca a primeira sesión do club de lectura de 6º de EP "Bolboretas lectoras". Viñeron as bibliotecarias da BM Los Rosales para facer a presentación do libro que comezarán a ler, coa súa habitual creatividade acudiron acompañadas dunhas personaxes saídas do libro "Alicia no País das Maravillas". O libro co que comezaremos o club será "Prohibido leer a Lewis Carroll" escrito por Diego Arboleda e ilustrado por Raúl Sagospe.
domingo, 3 de outubro de 2021
Mergúllate!
O pasado venres o mar deixou en todas as clases do colexio unhas mochilas misteriosas, contiñan un obxecto e unha carta que o acompañaba. Estes diversos obxectos proviñan da 2ª Gran limpeza dos fondos mariños que se realizou, a iniciativa do Festival Mar de mares, o domingo 26 de setembro entre a Dársena e o Castelo de San Antón (A Coruña).