Páxinas

mércores, 30 de xaneiro de 2019

Dialogando sobre...

Co gallo do Día da Paz, na sesión de diálogo da biblioteca de hoxe, reflexionamos sobre un dos causantes de grandes conflitos mundiais: o diñeiro. Estivemos cuestionando a súa necesidade e a súa utilidade, para finalmente buscar alternativas ao seu uso.

luns, 28 de xaneiro de 2019

Diálogos filosóficos

Publicamos as inscricións para os Diálogos filosóficos que se desenvolverán o 5 e 15 de febreiro de 16h. a 17h. para o alumnado de 3º e 4º de E.P. Continumos coa actividade que se desenvolveu cos nenos/as de 1º e 2º de Primaria.

Unha maleta chea de sorpresas

O pasado luns Sara e Álex visitaron a a biblioteca para compartir cos nenos/as de 1º de E.P. uns contos que acompañaron coa música de varios instrumentos e coa voz de Sara.
A través dos libros que saíron da maleta compartimos as dúbidas da "Ratiña presumida" (adapatación de J.A. López e con fotografía de Pablo Mestre), acompañamos a "Elmer" (D. McKee) na súa viaxe e, para rematar, cantamos unhas rimas que daban un pouco de medo con "Un, dous, tres, vampiro ti es".

Recital de poesía

O próximo xoves 31 de xaneiro acudirá á biblioteca María, nai de Daniel de 5º de E.P., que fará un recital de poesía relacionada coa natureza para os nenos/as de 5º de Primaria.
Nesta xornada compartirá obras como "Verdedades" de Yolanda Castaño, inspirado nas plantas e os froitos, ademais de "La poesía de los árboles", unha antoloxía de poemas sobre as árbores e o bosque.

domingo, 27 de xaneiro de 2019

"Tusk tusk" memories

As you know, our last session of the Book Club was about Peace. We read and comment on the book "Tusk, Tusk" by David McKee and we did several activites around this topic. Here is a memory of your great job. Take a look...

venres, 25 de xaneiro de 2019

"Tusk, tusk" by David mcKee

Resultado de imagen de tusk tusk david mckeeHi again my dear Bookworms,
January is when we celebrate Peace Day, and that´s why the new reading for our Book Club this month will be the fantastic story "Tusk, tusk", by David McKee. It is a fairly short and simple book, yet it faces many complex issues: prejudice, discrimination, violence, tolerance, difference, ... It is a story about black and white elephants that begin a war against one another. The peace-loving elephants disappear into the jungle as soon as the conflict starts, and the other elephants kill each other. For many years, no elephants were seen in the world, until the grandchildren of the peace-loving elephants emerge from the jungle.

martes, 15 de xaneiro de 2019

Contos con música

O próximo luns 21 de xaneiro visitarán a biblioteca Sara e Álex para compartir cos alumnos/as de 1º de E.P. unha xornada cos contos e a música. Na carta que vos presentamos anuncian a súa  chegada e nos presentan uns segredos que seguro que sodes quen de solucionar.