Páxinas

mércores, 26 de decembro de 2018

A survey for "A Christmas carol"

Would you like to participate in a survey about the last book we have just read? You have 10 questions related to "A Christmas carol" by Charles Dickens. What is your opinion about it? Just click on the image and let me know... It´s quick and easy. Let´s go!!!

luns, 24 de decembro de 2018

Torneo de xadrez

O pasado xoves celebrouse na biblioteca un Torneo de Xadrez na que 36 nenos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron neste evento organizado polo mestre do centro Pedro e á que tamén asistiron representantes da Asociación Galega de Xadrecistas.

domingo, 23 de decembro de 2018

Christmas readings

It´s Christmas, a time for wonderful readings. I have some Christmassy suggestions for you to enjoy reading or watching during the holidays. Ready?
Fisrt of all we have a tender story by Raymond Briggs, "The snowman" and its second part "The snowman and the snowdog".  You can enjoy the sweet relationship between a boy and a snowman, and their fantastic trip to the North Pole. 

xoves, 20 de decembro de 2018

Diálogo a través da imaxe

Hoxe na segunda sesión de Diálogo Filosófico na biblioteca, tamén con nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria, miramos unha imaxe dun xeito inhabitual para apreciar pequenos detalles que usualmente pasan desapercibidos e poder relacionar así as súas partes con todo.

mércores, 19 de decembro de 2018

O nadal é máxico para ler!


Esta é a guía de recomendacións de lecturas para estas datas que fai o Equipo de Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán. Todas estas obras están presentes e  á vosa disposición na Biblioteca do centro.

Vós contades!

Esta semana achegáronse á Biblioteca Nerea e Blanca, nais de alumnas/os do centro, para compartir unhas lecturas cos nenos/as de 6º de E.I. e 1º de E.P.

venres, 14 de decembro de 2018

" A Christmas carol" by Carles Dickens

Our reading for this month of December will be "A Christmas carol".
A Christmas carol is a novella written by Charles Dickens and first published in London in 1843. The story is about Ebenezer Scrooge, an old unfriendly mean  man who doesn´t like Christmas at all. It takes place on the 24th of December, Christmas Eve, when everybody is busy getting ready for the Christmas celebrations, except Mr. Scrooge. That night, he will be visited by 3 different spirits: the Ghost of Christmas Past, the Ghost of Christmas Present and the Ghost of Christmas Future. They will take him to different places to teach him a lesson. 
Will Mr. Scrooge feel the spirit of Christmas? Will he see the generosity and love of human beings? Will he change after all? 
Here you have a link to a page with the audios of the story and some online activities.

You can also learn more about Dickens´ life watching this video. He is considered one of the most influent writers of all times.





Merry Christmas bookworms!!! 
Let the spirit of Christmas catches you!!!


xoves, 6 de decembro de 2018

Hello bookworms

Hello bookworms!!!
Our Book Club is about to start. The first meeting will take place next Friday, the 14th of December in the school library. Aren´t you excited?
Our first reading will be a wonderful story related to Christmas. As you know, Christmas is the most magical time of the year, full of lights, trees, decorations, presents, mistletoe, candy canes...

domingo, 2 de decembro de 2018

Experimentamos coas cores

VenreXperimentos tivo unha nova xornada o pasado 30 de novembro, no que os nenos/as de 4ºE.P. elaboraron Slime con distintos materiais. A receita que se utilizou combinou auga, goma guar, bicarbonato, activador e colorante alimenticio, tamén aproveitamos para lembrar as cores e a  súa clasificación.

mércores, 28 de novembro de 2018

Ciencia en familia

Hoxe visitaron a Biblioteca e a BiblioLab nais e pais de alumnos/as do centro para compartir distintas actividades cos nenos/as de distintos cursos.

Unha receita de Slime

Esta semana Mía, alumna do centro, presentou unha receita para elaborar slime con ingredientes cotiáns.

venres, 23 de novembro de 2018

Experimentamos coa electricidade

Segundo VenreXperimentos no que nos propuxemos aprender a través da experimentación coa electricidade. A través de seis retos, os nenos/as de distintos grupos de 4º, 5º e 6º de E.P. estiveron realizando circuítos eléctricos básicos.

luns, 19 de novembro de 2018

EPB Book Club

Compartimos con vós a información referida ao club de lectura en inglés que se desenvolverá na Biblioteca os últimos venres de cada mes. Esta actividade está dirixida ao alumnado e 6º de E.P. Para máis información podedes consultar o seguinte documento, no que se explicitan as datas previstas e se detallan algúns aspectos sobre o seu desenvolvemento.

Montamos escornabots

VenreXperimentos celebrou a súa primeira xornada o pasado venres no que un grupo de nenos/as de 4º e 5º de E.P. montaron cadanseu robot escornabot, que quedará na BiblioLab para que todos poidamos aprender e xogar con eles.

luns, 12 de novembro de 2018

Novembro mes da ciencia en galego

Durante este mes celébrase o mes da ciencia en galego. Este programa promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia e pola Consellería de Cultura consiste en fomentar a vocación científica a través da lectura entre os nenos/as.
Neste curso o manifesto asínao Luís Navarro, profesor titular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Libros que veñen e van

Hoxe saíron as mochilas de 5º de E.P., ao tempo que volvían as de Educación Infantil. Varios nenos/as gozarán da lectura dos libros que contén cada unha das mochilas. Queremos que compartan as experiencias da lectura en familia do contido, por iso tamén están acompañados dun caderno no que se recollerán as opinións, debuxos ou calquera comentario que vos apeteza comunicar.

venres, 9 de novembro de 2018

Libros que viaxan

Este venres volveron saír ás casas dos nenos/as as mochilas viaxeiras en Educación Infantil, dúas acompañadas da bolsa cos escornabots. O próximo luns comezarán a súa viaxe as de 5º de E.P. que permanecerán no fogar dos alumnos/as un pouco máis de tempo.

martes, 6 de novembro de 2018

Dialogamos?

Esta tarde comezaron as sesións de Diálogo Filosófico na biblioteca. Os 15 nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria que asistiron, participaron, expresáronse e profundaron nas súas Habilidades de Investigación, Conceptualización, Razoamento e Tradución.

luns, 5 de novembro de 2018

Formación de usuarios/as

A semana pasada realizamos as sesións de formación para os nenos/as de 5º e 6º de E.P. que forman parte do Equipo de voluntarios/as e que comezan mañá o seu labor na Biblioteca e na BiblioLab, en próximos días publicaremos o calendario.

Obradoiro de encadernación

O pasado mércores 31 os nenos/as de 6º de Educación Primaria compartiron cos membros de AFEXDI que acudiron ao centro unha xornada na que os libros foron os protagonistas. Deste xeito preinauguramos a biblioteca neste curso.

luns, 29 de outubro de 2018

Obradoiro de encadernación

Fonte: AFEXDI
O vindeiro mércores 31 de Outubro os alumnos/as de 6º curso de E.P. participarán nunha actividade de ENCADERNACIÓN na Biblioteca.
Esta actividade está organizada en colaboración cos membros da asociación AFEXDI de Santiago

martes, 23 de outubro de 2018

Mochilas viaxeiras en Educación Infantil

Xa están preparadas para saír as mochilas viaxeiras para os nenos/as de 6º de E.I. A primeira viaxe iniciarase o venres e durante o fin de semana os seus fogares acollerán diversos contos que poderán compartir coa súa familia.

luns, 22 de outubro de 2018

Inscricións para os Diálogos Filosóficos na biblioteca

Primeiro agradecervos a gran acollida da actividade entre todos vós, pero debido a gran demanda de prazas tivemos que organizar todas as solicitudes en tres sesións. Temos programadas dúas sesións de Diálogos Filosóficos na Biblioteca, a primeira desenvolverase o 6 de novembro e a segunda o 20 de decembro, ambas en horario de 16:15 a 17:00h. A terceira sesión está pendente de data.

martes, 16 de outubro de 2018

Diálogos filosóficos


A apertura da biblioteca está próxima e queremos ir empezando a desvelar algunhas das actividades que iremos desenvolvendo durante o curso. Neste caso presentamos os Diálogos Filosóficos, no que se tratará de desenvolver a capacidade dos nenos/as para pensar por si mesmos/as, a converterse en persoas máis razoables e cidadáns máis participativos/as, moi lonxe da irracionalidade, fanatismo ou superstición.

A nosa imaxe

Como podedes ver na parte superior deste blog a biblioteca ten unha nova imaxe. Trátase dunha obra creada por Paula Canedo e que resultou gañadora do concurso dos Leóns Dourados do curso pasado. Gustounos tanto que a adoptamos como un dos nosos símbolos que dotará á biblioteca de identidade propia.

mércores, 12 de setembro de 2018

Estamos de estrea

Este curso estreamos este blog, "Biblioteca EPB", co que pretendemos establecer un vínculo con todos vós, informarvos das diferentes actividades que se vaian desenvolvendo nas distintas seccións da biblioteca, os novos fondos que vaiamos adquirindo, recomendacións de lectura, entre outras.